Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Este sábado disputarase a novena edición do Trofeo Cidade de Lugo

Este sábado disputarase a novena edición do Trofeo Cidade de Lugo

  • Tema
    • Deportes
Venres, 18 de febreiro de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Deportes, en colaboración coa Delegación en Lugo da Federación Galega de Judo, achegan á cidade o vindeiro sábado, día 19 de febreiro, a novena edición do Trofeo Cidade de Lugo.

A competición, valedera para o Campionato de España no sector oeste masculino e feminino, disputarase no Pavillón Municipal Casa do Deporte, na Avd. Infanta Elena, a partir das 16.30 horas. A pesada será ás 13.00 horas.

O Trofeo Cidade de Lugo contará coa participación de 34 galegos, 17 mulleres e 17 homes, entre as que destacan as lucenses Iva Mareva, do equipo Senra, en menos de 63 kilos feminino e Sara Álvarez, do J.C. Lugo no peso pesado feminino. Tamén compiten lucenses como Camino Casabella o Diego Álvarez, ambos do equipo J.C. Lugo, en 52 e 66 kilos respectivamente.

deportes.lugo.es [1]


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/este-sabado-disputarase-novena-edicion-do-trofeo-cidade-de-lugo

Ligazóns:
[1] http://deportes.lugo.es