Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Este sábado celébrase unha Camiñada Ornitolóxica para conmemorar o Día Mundial das Aves

Este sábado celébrase unha Camiñada Ornitolóxica para conmemorar o Día Mundial das Aves

As persoas interesadas en participar nesta actividade gratuíta, que conta con prazas limitadas, teñen que inscribirse chamando ao 688.99.63.33

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Medio ambiente
Xoves, 01 de outubro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cartel da Camiñada Ornitolóxica

Este sábado, 3 de outubro, celebrarase unha Camiñada Ornotolóxica para conmemorar o Día Mundial das Aves, unha actividade organizada polo colectivo Ven ver Aves en colaboración co Concello de Lugo.

Durante o percorrido irase observando e escoitando todas as aves que saian ao paso. Trátase dunha boa oportunidade para coñecer a interesante biodiversidade existente nas zonas verdes da cidade.

A camiñada iniciarase ás 9:30 horas na entrada principal do Parque Rosalía de Castro, continuando por este espazo para posteriormente ir ata o Parque Marcos Cela. De seguido, a camiñada discorrerá polas beira do río Miño, finalizando na desembocadura deste co río Rato, no caneiro da Tolda.

A duración desta ruta será dunhas catro horas. Recoméndase levar uns prismáticos e vestir roupa e calzado apropiados para as condicións do día.

As persoas interesadas en participar nesta actividade gratuíta, que conta con prazas limitadas, teñen que inscribirse chamando ao 688.99.63.33.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/este-sabado-celebrase-unha-caminada-ornitoloxica-para-conmemorar-o-dia-mundial-das-aves