Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Este sábado arrinca o III Concurso de Tapas

Este sábado arrinca o III Concurso de Tapas

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Mércores, 14 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O III Concurso de Tapas arrinca este sábado, 8 de setembro. Este certame, que é unha das iniciativas do Concello de Lugo para poner en valor a cociña da cidade, prolongarase ata o 28 deste mes e a selección dos gañadores será o 1 de outubro.

Esta edición conta con 35 participantes, cinco máis que o ano pasado, dos cales 19 participarán na modalidade de tapa creativa e 16 na modalidade de tapa tradicional.

O público será quen decida os dous premios de votación popular (Tapa creativa San Froilán e Tapa tradicional San Froilán), e terá dúas formas para participar no concurso:

1.- Elixindo cos seus votos os premios de votación popular, para o que votará vía Internet accedendo á páxina web www.lugo.es [1] ou a través dos cupóns que se inxerirán nas urnas situadas nos establecementos participantes. Entre tódo os cupóns depositados nas urnas e votos recibidos por Internet sortearase unha cesta de produtos típicos da gastronomía lucense.

2.- Participando na ruta do tapeo este ano os consumidores das tapas atoparán nos establecementos o plano da ruta do tapeo, no reverso do plano aparecerá un recadro por cada establecemento participante. O cliente que consiga polo menos 12 recadros selados dos diferentes establecementos participará no sorteo dos seguintes agasallos:
- Catro lotes de viño da D.O. Ribeira Sacra, por cortesía da D.O Ribeira Sacra.
- Catro fins de semana en Lugo no Hotel Husa Puerta de San Pedro de Lugo por cortesía de Husa Hoteles.

Para máis información ou votar: http://www.lugo.es/ws/ConcursoTapas [2]


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/este-sabado-arrinca-o-iii-concurso-de-tapas

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es
[2] http://www.lugo.es/ws/ConcursoTapas