Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Este fin de semana darán comezo as novas actividades do programa de ocio xuvenil alternativo MAX

Este fin de semana darán comezo as novas actividades do programa de ocio xuvenil alternativo MAX

  • Tema
    • Igualdade
Venres, 13 de xaneiro de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Movida Alternativa Xuvenil é programa de ocio alternativo que organiza o Concello e que se celebra os fins de semana na Casa da Música, a piscina das Pedreiras e o Polideportivo da Piringalla

Dende a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Xuventude deron a coñecer a nova programación de actividades previstas para o vindeiro trimestre do programa MAX (Movida Alternativa Xuvenil), que dará comezo hoxe venres día 13 de xaneiro e rematará o 16 de xuño.

A maioría das actividades terán lugar na Casa da Xuventude, algunhas delas comezan no mes de febreiro e precisan de inscrición previa xa que só teñen 15 prazas. O prazo para as inscricións previas son ata o 1 de febreiro na Casa da Xuventude.

Actividades MAX

Actividades dos venres

19.30h – 20.30h Como falar en público. (Comeza a partir de febreiro e é necesaria inscrición previa)

19.30h – 20.30h Decoración de traxes Arde Lucus.

20.30h – 21.30h Complementos Arde Lucus.

21.30h – 23.30h Curso iniciación ao Inglés. (Comeza a partir de febreiro e é necesaria inscrición previa)

22.30h – 00.00h Street Dance

23.00h – 00.30h Patinaxe-Xoquei en liña (Polideportivo de A Piringalla) HL Lugo

Actividades dos sábados

19.00h – 20.00h Ioga

20.30h - 22.00h Tenis de mesa (Parque da Milagrosa) CD Dez Portas

21.00h – 23.00h Tiro con Arco (Galería do parque da Milagrosa)

20.00h – 21.30h Curso de fotografía (Comeza a partir de febreiro e é necesaria inscrición previa)

20.00h – 21.30h Curso de teatro (Comeza a partir de febreiro e é necesaria inscrición previa)

Os venres e sábados de 17.00 a 00.30 horas a Casa da Xuventude ofrece a posibilidade de xogar coa Wii, con xogos de enxeño, con plataformas de baile, billar, ping-pong, internet... Todas as actividades son gratuítas e de entrada libre.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/este-fin-de-semana-daran-comezo-novas-actividades-do-programa-de-ocio-xuvenil-alternativo-max