Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Este domingo estréase O barco sen mariñeiro pola compañía Achádego Teatro.

Este domingo estréase O barco sen mariñeiro pola compañía Achádego Teatro.

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Venres, 24 de maio de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que o próximo domingo 26 de maio, a compañía de teatro Achádego Teatro, estrea no Auditorio Municipal Gustavo Freire a obra O barco sen mariñeiro.

Trátase dunha tradución e adaptación do grupo da obra de Alejandro Casona que se estreou no Teatro Liceo de Bos Aites, o 24 de agosto de 1945, pero que calquera pode pensar que foi escrita neste mesmo momento xa que a historia que nela se relata responde totalmente á problemática do mundo actual.

O acto comeza ás 20.00 horas e a entrada será libre e gratuíta ata completar aforo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/este-domingo-estrease-o-barco-sen-marineiro-pola-compania-achadego-teatro