Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Establecer unha liña de bus ao HULA, principal proposta dos veciños de Albeiros na xuntanza do Móvete por Lugo

Establecer unha liña de bus ao HULA, principal proposta dos veciños de Albeiros na xuntanza do Móvete por Lugo

A Alcaldesa mantivo este mércores unha reunión no colexio deste barrio, a onde se achegaron unha trintena de persoas para colaborar no deseño das novas rutas do transporte público de viaxeiros

Todos os interesados poden enviar as súas suxestións a través de moveteporlugo@concellodelugo.org [1], www.lugo.gal [2] ou no 010

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Transporte,
    • Buses urbanos
Mércores, 01 de xuño de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Establecer unha liña de bus ao HULA, principal proposta dos veciños de Albeiros na xuntanza do Móvete por Lugo

Unha trintena de veciños e veciñas déronse cita este mércores no colexio de Albeiros, onde tivo lugar unha xuntanza aberta da Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, coa veciñanza de cara a recoller as propostas da cidadanía e deseñar o novo mapa de liñas de bus urbano, aproveitando a nova concesión deste servizo.

As propostas e opinións dos asistentes xiraron ao redor de establecer unha liña de bus ao Hospital Universitario Lucus Augusti, así como de designar máis paradas no actual recorrido da liña 2 que pasa polo barrio e mellorar a puntualide. A preguntas dos asistentes, a rexedora avanzou que se traballa na mellora da información tanto nas  paradas, como nos propios autobuses ou a través dunha aplicación móbil. Numerosas persoas interviron neste encontro, no que tamén transmitiron os seus parabéns á Alcaldesa por achegarse ao barrio con esta iniciativa participativa.

Este é o duodécimo encontro que mantén a Alcaldesa cos veciños, tras celebrar xuntas en Abella, Milagrosa, Residencia, Sagrado Corazón, Fontiñas, Fingoi, Piringalla, A Ponte, Ceao, As Gándaras e Esperante. En base ao manifestado polos lucenses nestas xuntanzas, e tras estudar a viabilidade das propostas, o Concello porá en marcha o novo servizo do transporte público de viaxeiros, o máis barato de Galicia e un dos máis baratos de España.

Ademais destas xuntanzas, o Concello ten abertas outras tres vías de participación: online, no enderezo electrónico moveteporlugo@concellodelugo.org [1] ou www.lugo.gal [2], e a través do Servizo de Atención Cidadá 010.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/establecer-unha-lina-de-bus-ao-hula-principal-proposta-dos-vecinos-de-albeiros-na-xuntanza-do

Ligazóns:
[1] mailto:moveteporlugo@concellodelugo.org
[2] http://www.lugo.gal