Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Esta semana é a última para recoller os vales canxeables por material escolar de educación infantil que concede o Concello

Esta semana é a última para recoller os vales canxeables por material escolar de educación infantil que concede o Concello

Luns, 24 de setembro de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O venres 28 de setembro remata o prazo para recoller os vales para libros dos solicitantes aos que se lles concedeu as bolsas escolares de axuda para material escolar para o curso 2012-2013 de Educación Infantil.

Os interesados en recoller o vale deberán acudir ás oficinas da Concellería de Educación situada no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra 3º planta. Deberán presentar o DNI do solicitante e a certificación onde conste que o alumno ou alumna está matriculado para o curso 2012-2013 e a indicación do curso e centro docente.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/esta-semana-e-ultima-para-recoller-os-vales-canxeables-por-material-escolar-de-educacion