Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Esta mañá inaugurouse o mercadiño solidario Diversiarte 2013 que estará aberto ata o venres 20

Esta mañá inaugurouse o mercadiño solidario Diversiarte 2013 que estará aberto ata o venres 20

  • Tema
    • Igualdade
Mércores, 18 de decembro de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A  Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, e a Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz participaron esta mañá na inauguración do mercadiño solidario Diversiarte 2013 que cambia de espazo e que estará situado na Praza de Anxo Fernández López, na traseira do Concello.

No acto de inauguración, a Concelleira de Benestar, animou a todos os lucenses a realizar as compras do Nadal neste mercadiño xa que pódese atopar todo tipo de agasallos e productos realizados por membros das diferentes asociacións.

O Mercadiño Solidario, que ofrece produtos elaborados polas 21 asociacións que participan, permanecerá aberta dende hoxe, mércores 18 de decembro, ata o venres 20 de decembro, en horario ininterrumpido de 11.30 a 20.30 horas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/esta-mana-inaugurouse-o-mercadino-solidario-diversiarte-2013-que-estara-aberto-ata-o-venres-20