Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Esta mañá entregáronse os premios do certame do Ars Magirica, do I Certame de Latín e do concurso de caracterizacións das redes sociais

Esta mañá entregáronse os premios do certame do Ars Magirica, do I Certame de Latín e do concurso de caracterizacións das redes sociais

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Xoves, 13 de xuño de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

 O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, fixeron entrega dos premios de diferentes convocatorias todas elas relacionadas co Arde Lucus. No acto tamén estivo o vicepresidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería, Jacobo García-Bobadilla.

Así, entregaron os galardóns á mellor tapa e ao mellor menú dos establecementos participantes no Ars Magirica que recaeron na tapa Delicias de Centurión do local A tu salud e no menú Menú Pretorium en Restaurante Casa Paco. Entre os participantes nas votacións para escoller menú e tapa saiu gañador Luis Otero Fugarolas, que tamén recolleu o premio do sorteo.
A Festa do Arde Lucus foi o marco no que xurdiu a creación do I Certame SEC LVDVS LITTERARVM LVCVS CVLTVRAL no que se premiaba o mellor traballo escrito en latín e que falase da cidade de Lugo. Había dúas categorías, unha de 14 a 17 anos na que gañou Carmen García Seara, e na categoría de 18 a 28 anos foi Francisco Miguel Millán Rodriguez, en ambos casos o premio é de 300 euros.
López Orozco e Basadre tamén fixeron entraga dos premios aos gañadores do concurso de caracterización convocado a través das redes sociais do Arde Lucus, e no que os participantes tiñan que participar cunha foto deles pero coas vestimentas de castrexo ou romano. Os gañadores foron na categoría de romanos:
1º premio: Tania Barreiro García
2º premio: Daniel Revuelta
3º premio: Mª Pilar Rey 
E na categoría de castrexos:
1º premio: David Rodríguez Peña
2º premio: Elena González  Bastos
3º premio: Juan José  Fernández Pacio
Neste caso, os primeiro clasificados levarán unha fíbula, duas entradas para o Circo Romano, e 2 vales de comida nos restaurantes instalados na rúa. O segundo premio terán unha xarra e dous vales de comida, e o terceiro 2 entradas para o Circo Romano.
Horarios museos sábado Arde Lucus
Dende a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, tamén se anunciou que con motivo das festas do Arde Lucus, os museos municipais e o Centro de Interpretaicón da Muralla amplían o seu horario ata as 21:00 horas tanto o venres 14 como o sábado 15 de xuño.

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/esta-mana-entregaronse-os-premios-do-certame-do-ars-magirica-do-i-certame-de-latin-e-do