Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Esta fin de semana terá lugar a VI Feira de San Pedro de Nadela

Esta fin de semana terá lugar a VI Feira de San Pedro de Nadela

Xoves, 24 de xuño de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e os representante da Asociación Carballeira de Nadela, Angel López e Antonio Abeledo, presentaron hoxe a VI Feira de San Pedro.

Zarzuela explicou que esta feira é un día familiar e animou a todo o mundo a unirse á festa.

Como noutros anos o Concello colabora co servizo gratuíto de autobuses que sairán dende as 9:00 ata as 15:00 diante do Instituto Virxe dos Ollos Grandes na Avenida de Ramón Ferreiro.

O programa comezará o sábado 26 de xuño cunha churrascada popular a partir das 22:00 horas.

Xa o domingo, ás 9:00 horas coa asignación de postos e a exposición dos produtos do país artesáns, ecolóxicos e tradicionais. A unha da tarde realizarase a recepción das autoridades, que darán unhas palabras de benvida aos presentes.

Á unha e media comezará a sesión vermouth a cargo da orquestra Acordes, á que seguirá a música con charangas e gaiteiros que amenizarán o resto da xornada. A mesma orquestra protagonizará a festa e verbena a partir das 22:00 horas.

Sobre 17:00 comezarán os xogos populares. Ademais haberá postos con polbo á feira, churrasco, bacallao, lacón e chourizos.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/esta-fin-de-semana-tera-lugar-vi-feira-de-san-pedro-de-nadela