Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Esta fin de semana celébrase o IV Torneo Arde Lucus de Hockey

Esta fin de semana celébrase o IV Torneo Arde Lucus de Hockey

  • Tema
    • Deportes
Xoves, 21 de xuño de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O IV Torneo Arde Lucus de Hockey celebrarase esta fin de semana no Polideportivo municipal de A Piringalla, segundo informa a Concellería de Deportes, que colabora co Lóstregos Hockey Lugo na organización desta competición deportiva.

No Torneo participarán sete equipos divididos en dous grupos. O grupo A estará composto polo Lóstregos, Gavda-Vicvs, Sesy Time e Iuven Gavda LTG e o grupo B vai estar formado polo Cavxos, CD Svmendi, Beer Team e Fénix.

A primeira fase da competición terá lugar o sábado e disputarase entre as 9.00 e as 22.20 horas e as finais serán o domingo de 11.30 a 13.00 horas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/esta-fin-de-semana-celebrase-o-iv-torneo-arde-lucus-de-hockey