Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Esgotadas en pouco máis dunha hora as entradas para o Circo Romano do sábado día 19 do Arde Lucus

Esgotadas en pouco máis dunha hora as entradas para o Circo Romano do sábado día 19 do Arde Lucus

  • Tema
    • Xuventude
Venres, 10 de xuño de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Xuventude, que dirixe en funcións Rosana Rielo, informa de que as entradas para o Circo Romano da xornada do sábado día 19 xa están esgotadas.

Nunha hora e doce minutos as 1.850 entradas que se puxeron a venda quedaron esgotadas. A primeira entrada adquirida rexistrouse ás 09.03 horas, e a última, foi mercada ás 10.12 horas. Aínda é posible adquirir entradas para o Circo Romano da xornada do domingo, para a que xa foron mercadas 1.685 entradas das 1.850 entradas dispoñibles.

O novo espectáculo “A venganza das Amazonas”, tamén rexistrou unha alta demanda. Xa se adquiriron 634 entradas para a xornada do venres e 782 para o sábado das 1.850 entradas dispoñibles para cada espectáculo.

As entradas poderán adquirirse a través da páxina web www.servinova.com [1] ou telefonicamente no 902.504.500. As entradas teñen un prezo único de 2 euros.

“A venganza das Amazonas” será o venres día 17 a partir das 00.00 horas na explanada do Pavillón Municipal, e o sábado 18 a partir das 22.30 horas.

O “Circo Romano” será o sábado 18, tamén na explanada do Pavillón Municipal, a partir das 19.30 horas, e o domingo día 19 a partir das 18.30 horas.

Arde Lucus nas redes sociais:

Facebook: http://www.facebook.com/ardelucuslugo [2]
Twitter: http://twitter.com/ardelucus [3]
Flickr: http://www.flickr.com/photos/ardelucus [4]
YouTube: http://www.youtube.com/ardelucuslugo [5]
Tuenti: http://www.tuenti.com/#m=Page&func=index&page_key=1_1555_59658435 [6]

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/esgotadas-en-pouco-mais-dunha-hora-entradas-para-o-circo-romano-do-sabado-dia-19-do-arde-lucus

Ligazóns:
[1] http://www.servinova.com
[2] http://www.facebook.com/ardelucuslugo
[3] http://twitter.com/ardelucus
[4] http://www.flickr.com/photos/ardelucus
[5] http://www.youtube.com/ardelucuslugo
[6] http://www.tuenti.com/#m=Page&func=index&page_key=1_1555_59658435