Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Esgotadas as botellas de Coca-Cola da Muralla que se repartiron nos Museos da cidade

Esgotadas as botellas de Coca-Cola da Muralla que se repartiron nos Museos da cidade

Xoves, 06 de maio de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Os museos de Lugo esgotaron xa as botellas de Coca-Cola conmemorativas do décimo aniversario da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio Mundial, nunha iniciativa que levan a cabo o Concello, a través de Lugo10, e a empresa Begano.

Case 200 botellas do popular refresco repartíronse dende o luns no Centro de Interpretación da Muralla, no Museo de San Roque e na Casa dos Mosaicos. A maioría foron entregadas a lucenses que visitaron os museos expresamente para poder facerse con algunha das botellas pero tamén se fixeron con elas grupos de visitantes doutros lugares de España e estranxeiros que descoñecían a iniciativa. Así un grupo de visitantes de Canarias amosáronse gratamente sorprendidos ó ser agasallados coas botellas do refresco de cola que promocionan a Muralla de Lugo.

A empresa Begano colabora coa difusión da Muralla nesta iniciativa que puxeron en marcha en colaboración con Lugo10 que supuxo unha tirada inicial de 3.000 botellas de Coca-Cola envoltas nunha etiqueta coa Muralla de Lugo.

www.lugo10.es [1]

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/esgotadas-botellas-de-coca-cola-da-muralla-que-se-repartiron-nos-museos-da-cidade

Ligazóns:
[1] http://www.lugo10.es