A escultura en ferro dun soldado romano elaborada no Arde Lvcvs xa loce na ponte romana
Os artesáns Jordi Illamola e Sergi Xifró, de Xirona, son os autores da peza
- Tema
- Cultura e Turismo
Luns, 22 de xuño de 2015
Fonte:
Gabinete de Prensa
A escultura en ferro dun soldado romano elaborada durante os días da celebración do Arde Lvcvs no campamento dos artesáns, instalado na Praza da Constitución, xa loce na ponte romana da cidade, onde foi instalada na mañá deste luns por operarios municipais en colaboración cos propios autores da peza e baixo a supervisión da concelleira Carmen Basadre.
Jordi Illamola e Sergi Xifró, de Xirona, son os ferreiros que fixeron a escultura, que queda exposta na entrada da ponte.