Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Escolares do colexio San José coñecen o labor da Policía Local

Escolares do colexio San José coñecen o labor da Policía Local

A Alcaldesa acompañou aos pequenos e pequenas na sesión, na que visitaron as instalacións de Sanfiz, facendo paradas na Sala de Control de Tráfico ou na Sala de Tiro, o que espertou gran interese nos cativos

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Protección da comunidade
Xoves, 02 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Escolares do colexio San José coñecen o labor da Policía Local

Uns cincuenta nenos e nenas de terceiro de primaria do colexio lugués plurilingüe San José-FEC coñeceron este xoves o labor da Policía Local de Lugo. A Alcaldesa, Lara Méndez, acompañou aos pequenos e pequenas na sesión, na que visitaron as instalacións de Sanfiz, facendo paradas na Sala de Control de Tráfico ou na Sala de Tiro, o que espertou gran interese nos escolares, xunto cos vehículos e a dotación de seguridade individual que portan os efectivos. Durante a visita estiveron acompañados de varios axentes e os seus profesores, e tiveron a oportunidade de probar os chalecos antibalas e de subirse ao furgón de atestados.

Para Lara Méndez, esta visita supón unha oportunidade para achegar o traballo da Policía aos rapaces e rapazas e para conciencialos de boas prácticas de educación vial.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/escolares-do-colexio-san-jose-conecen-o-labor-da-policia-local