Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Escolares de Lugo danlle á nosa cidade o primeiro premio nos I Xogos romanos de taboleiros das cidades augusteas

Escolares de Lugo danlle á nosa cidade o primeiro premio nos I Xogos romanos de taboleiros das cidades augusteas

Carmen Basadre asistiu á final que se disputou hoxe en Braga

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Venres, 22 de maio de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, asistiu hoxe na cidade portuguesa de Braga á final dos I Xogos romanos de taboleiros das cidades augusteas.

Nesta final participaron nenos e nenas de distintos colexios de Lugo e de Braga. Da nosa cidade estiveron representados os colexios Paradai, Casás, Rosalía de Castro, Anexa, Salesianos e Aspnais.

A cidade de Lugo fíxose co primeiro premio polo número de gañadores desta competición.

Os nenos e nenas premiados foron os seguintes: Adrián Lareo, Candela Fernández, Nabil el Achal, Iliana Zaina e Alejandra Quinteiro, que gañaron as medallas de ouro nas distintas modalidades. Carmen González fíxose cun segundo premio. Pola súa parte, Lucía Álvarez, Ramaissa Amel e Henrique Pereira tiveron terceiros premios e Naira Vázquez acadou un cuarto premio. 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/escolares-de-lugo-danlle-nosa-cidade-o-primeiro-premio-nos-i-xogos-romanos-de-taboleiros-das