Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Escola Shantidi, coa que colabora o Concello, mellora as condicións de vida das comunidades máis pobres da India

A Escola Shantidi, coa que colabora o Concello, mellora as condicións de vida das comunidades máis pobres da India

González Abelleira puxo en valor o traballo realizado por esta asociación a prol da igualdade, que leva a cabo programas de nutrición e educación nos lugares indios menos desenvolvidos

  • Tema
    • Asociacións sociais,
    • Solidariedade,
    • Igualdade
Mércores, 06 de xullo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, informou este luns do traballo que está a realizar a asociación Escola Shantidi, coa que colabora o Concello, nas comunidades máis pobres da India. Trátase dun colectivo que nace en Santiniketon, en Bengala occidental, co obxectivo de mellorar as condicións de vida dos nenos e nenas e das mulleres que viven nos lugares menos desenvolvidos da India.

González Abelleira puxo en valor o traballo realizado por esta asociación a prol da igualdade, que leva a cabo programas de nutrición e educación, permitíndolles aos cativos e as mulleres poder acceder a un posto de traballo nun futuro e integrarse na sociedade.

A Escola Shantidi é unha experimentada asociación de Lugo, formada por profesionais de diversos sectores, que busca erradicar a pobreza e as desigualdades sociais na India. Na cidade de Lugo realizan actividades de concienciación e voluntariado e pretenden nun futuro  próximo, irmandar Lugo con esta cidade india, creando vínculos entre facultades e escolas relacionadas coa artesanía e agricultura, os seus alumnos e profesores, e sobre todo cos seus nenos, a través do acollemento temporal.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/escola-shantidi-coa-que-colabora-o-concello-mellora-condicions-de-vida-das-comunidades-mais