Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Escola Municipal de Música renova a súa xunta directiva

A Escola Municipal de Música renova a súa xunta directiva

Manuel Núñez asinou o decreto que proclama de maneira definitiva a dirección do centro municipal, formada polo director, Carlos Méndez, o vicedirector, Rosendo Ivorra, a secretaria, María Mercedes Autrán, e o xefe de estudos, Aquilino Piñeiro.

  • Tema
    • Música,
    • Educación
Xoves, 09 de agosto de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, vén de asinar un decreto no que proclama, de maneira definitiva, a nova Xunta Directiva da Escola Municipal de Música, que foi elixida tras votación secreta no seo do claustro da propia escola.

A nova dirección do centro municipal, elixida para os dous próximos cursos escolares, está formada polo director, Carlos Méndez, o vicedirector, Rosendo Ivorra, a secretaria, María Mercedes Autrán, e o xefe de estudos, Aquilino Piñeiro.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/escola-municipal-de-musica-renova-sua-xunta-directiva