Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Entregados os Premios #INLUGO16 a Queixería do Campo, Enfermera Saturada e Funil.gal

Entregados os Premios #INLUGO16 a Queixería do Campo, Enfermera Saturada e Funil.gal

Daniel Piñeiro e Dario Campos entregaron os galardóns a tres profesionais lucenses destacados no uso da Internet e as TIC, como peche ao IV Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais

  • Tema
    • Novas tecnoloxías
Sábado, 17 de decembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Entregados os Premios #INLUGO16 a Queixería do Campo, Enfermera Saturada e Funil.gal

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, e o Presidente da Deputación, Darío Campos, entregaron este sábado os Premios #INLUGO, no marco do IV Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais INLUGO. Con estes galardóns, o organismo provincial recoñece iniciativas, persoas e organizacións da provincia que fan bo uso da internet, as novas tecnoloxías e as redes sociais. Na edición deste ano, na que se presentaron case corenta candidaturas repartidas en tres categorías, os gañadores foron a Queixería do Campo, Enfermera Saturada e Funil.gal.

 Así mesmo, tamén se deu a coñecer o gañador do concurso de fotografía #Inlugo16, Saritísima (@srvQueen), co que se buscaba premiar á mellor imaxe da cidade e que os asistentes publicaran nas redes sociais co hashtag #inlugo16. A vencedora recibiu un smartphone última xeración.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/entregados-os-premios-inlugo16-queixeria-do-campo-enfermera-saturada-e-funilgal