Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Entregados os premios do concurso do Día Mundial do Medio Ambiente

Entregados os premios do concurso do Día Mundial do Medio Ambiente

  • Tema
    • Igualdade
Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, participou na entrega dos premios do concurso organizado por Carrefour e o Concello con motivo da celebración hoxe do Día Mundial do Medio Ambiente.

O pasado sábado, 15 rapaces e rapazas das asociacións Aspace, Síndrome de Down e Cruz Vermella celebraron unha xornada de convivencia e integración. O obxectivo desta acción era sensibilizar sobre o respecto ao medio ambiente e a inclusión das persoas con discapacidade nun espazo natural de convivencia que potencie as habilidades sociais e educativas dos escolares, así como a promoción da autonomía persoal destes colectivos, razón pola que se leva celebrando nos últimos anos cunha gran acollida.

A actividade consistiu na celebración de diferentes talleres de animación sociocultural para membros das asociacións e un concurso de debuxo.

Todos os participantes recibiron o seu agasallo pola participación, un cd de música personalizado segundo os seus gustos, o conseguinte diploma e unha bolsa de produtos tecnolóxicos por parte do Concello.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/entregados-os-premios-do-concurso-do-dia-mundial-do-medio-ambiente