Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > As entradas para obra de teatro Paradero desconocido poderanse mercar mañá unha hora antes da función

As entradas para obra de teatro Paradero desconocido poderanse mercar mañá unha hora antes da función

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Xoves, 02 de xaneiro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, informa que as entradas para asistir á obra de teatro Paradero desconocido de Kressman Taylor e representado por membros de Teatro e producciones Adrea D´Odorico poderanse mercar mañá venres 3 de xaneiro unha hora antes da función nas taquillas do Auditorio Gustavo Freire. O prezo da entrada será de 10 euros.

Paradero desconocido narra a historia de dous amigos e socios. Martín Shulse, un alemán interpretado por Juanjo Artero, e Max Eisenstein, un xudío estadounidense que vive en California e interpretado por Juanjo Cucalón. En 1932 Martín decide volver a Alemania coa súa familia. Dende ese momento xurde un intercambio de cartas nas que se vislumbra a sombra da situación política de Alemaña. Visionaria, incisiva e cun final imprevisible, esta novela constituiu un acontecemento literario e o máis estremecedor mensaxe de advertencia contra o nazismo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/entradas-para-obra-de-teatro-paradero-desconocido-poderanse-mercar-mana-unha-hora-antes-da