Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Entra en funcionamento a rotonda entre Afonso X O Sabio e a Ronda de Fingoi

Entra en funcionamento a rotonda entre Afonso X O Sabio e a Ronda de Fingoi

Arroxo: "melloramos a fluidez do tráfico e permitirá avanzar na eliminación de semáforos, aumentando a seguridade do tráfico e mellorando a mobilidade en Lugo".

O Tenente Alcalde e o edil de Infraestruturas, Alexandre Penas, visitaron a zona "no primeiro día sen regulación por semáforos".

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución,
    • Urbanismo
Mércores, 25 de febreiro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Entra en funcionamento a rotonda entre Afonso X O Sabio e a Ronda de Fingoi

Rubén Arroxo, Tenente de Alcalde do Concello de Lugo e edil responsable da área de Mobilidade, acompañado por Alexandre Penas, responsable de Infraestruturas Urbanas, visitaron a intersección entre Afonso X O Sabio e a Rolda de Fingoi, onde comezou a funcionar a nova rotonda despois de apagar os semáforos que regulaban este cruce ata agora. Arroxo afirmou que a construcción desta rotonda permite eliminar os semáforos "mellorando a fluidez do tráfico e a seguridade na zona".

A intersección da rúa Alfonso X coa Rolda de Fingoi pasou de ser un cruce regulado por semáforos cunha contorna espida que producía un importante contraste visual coa Ronda de Fingoi a un espazo cunha mellor integración tanto funcional como estética que mellorou a integración na contorna, a seguridade da intersección viaria e reduciu os tempos de espera.

Con esta actuación, o Goberno de Lugo busca eliminar os semáforos creando unha rotonda axardinada, e redeseñando as entradas para garantir a seguridade dos peóns e manter a continuidade da rúa. Adaptouse o alumeado ó novo deseño, avanzando na implantación de alumeado LED e modificarase a rede de saneamento para garantir a correcta drenaxe da intersección.

Audio

  • Rubén Arroxo, Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, sobre a rotonda Afonso X | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/entra-en-funcionamento-rotonda-entre-afonso-x-o-sabio-e-ronda-de-fingoi

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/260225_ruben_arroxo_rotonda_afonso_x.mp3