Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Entra en funcionamento o primeiro aseo autolimpable da cidade, instalado no Parque Rosalía de Castro

Entra en funcionamento o primeiro aseo autolimpable da cidade, instalado no Parque Rosalía de Castro

Está programado para abrir de 09:00 a 22:00  horas. É gratuíto e o sistema está plantexado para abrirse automaticamente aos 15 minutos por seguridade e para evitar calquera contratempo

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Medio ambiente,
    • Residuos
Luns, 15 de abril de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Entra en funcionamento o primeiro aseo autolimpable da cidade, instalado no Parque Rosalía de Castro

O Concello pon en servizo hoxe luns o primeiro aseo autolimpable da cidade, instalado no parque Rosalía de Castro, concretamente nun dos laterais do xardín, na contorna da avenida García Portela.

Deste xeito, a entidade local ofrece á veciñanza un servizo de baños públicos no corazón verde do centro da cidade. Está programado para abrir de 09:00 a 22:00  horas. É gratuíto e o sistema está plantexado para abrirse automaticamente aos 15 minutos por seguridade e para evitar calquera contratempo. Cada vez que a persoa usuaria abandone o espazo, o aseo límpase por dentro. Os xardineiros deste parque serán os encargados do seu mantemento, dispoñendo xabón e papel hixiénico no aseo.

O Concello investiu 37.300 euros neste aseo autolimpable, accesible, que ase adapta ás características deste parque, como por exemplo revestimento de madeira.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/entra-en-funcionamento-o-primeiro-aseo-autolimpable-da-cidade-instalado-no-parque-rosalia-de