Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Entra en funcionamento o novo alumeado público no grupo da Paz

Entra en funcionamento o novo alumeado público no grupo da Paz

Rubén Arroxo: "melloramos a rede de alumeado público, aplicando a perspectiva de xénero nunha zona escura da cidade"

A área de Mobilidade e Infraestruturas colocou novas luminarias LED de baixo consumo, eliminando luminarias de vapor de sodio

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras rematadas,
    • Medio ambiente,
    • Residuos,
    • Urbanismo
Sábado, 05 de marzo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Entra en funcionamento o novo alumeado público no grupo da Paz

O Tenente Alcaldesa, Rubén Arroxo, anunciou a entrada en funcionamento do novo alumeado público do grupo da Paz. Arroxo afirmou que "continuamos a traballar na renovación da rede de alumeado público de Lugo, instalando luminarias LED de baixo consumo que permiten unha boa calidade lumínica con menor consumo enerxético".

A actuación consitiu na renovación das luminarias das rúas Pardo de Cela, Estralote, Carpaza, Santo Domingo da Calzada (zona peonil), Alecrín, Teixo, Acibro, Camelia, Ligustro, Filgueira, Bataneira, Estrelamar, Roseira e Torques

A actuación foi adxudicada por 55.953,80€. En total substituíronse 48 luminarias de vapor de sodio de alta presión de 150W por 35 luminarias LED de 38W e 13 de 75W. Redúcese a potencia a utilizar de 7200W a 2305W, o que suporá unha reducción de 7.5 toneladas de CO2 ao ano. Nesta intervención aproveitarase a instalación existente, renovando as luminarias e nas vindeiras semanas realizarase o soterrado dos cruzamentos aéreos do cableado da rede de alumeado.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/entra-en-funcionamento-o-novo-alumeado-publico-no-grupo-da-paz