Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > En marcha as obras de acondicionamento dunha zona verde en Serra dos Ancares, que inclúe unha área de lecer para mascotas

En marcha as obras de acondicionamento dunha zona verde en Serra dos Ancares, que inclúe unha área de lecer para mascotas

As tarefas responden a diversas peticións da veciñanza. Contan cun orzamento duns 40.000 euros e un prazo de execución de dous meses e medio

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución,
    • Medio ambiente
Mércores, 12 de xuño de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
En marcha as obras de acondicionamento dunha zona verde en Serra dos Ancares, que inclúe unha área de lecer para mascotas

O Concello ten en marcha as  obras de acondicionamento dunha zona verde pública na rúa Serra dos Ancares, que inclúe unha área de lecer para mascotas. Estas tarefas, que responden a diversas peticións da veciñanza, teñen un orzamento duns 40.000 euros e un prazo de execución de dous meses e medio.

A zona verde pública na rúa Serra de Ancares presenta un importante estado de deterioro e atópase nunhas condicións que non permiten o seu disfrute por parte da cidanía, de aí o acondicionamento que está acometendo a entidade local.

Concretamente, a parcela a ocupar presenta una pendente descendente dende a rúa Serra de Ancares cara a rúa ría Eo, comunicadas polo vial rúa Xardíns. O centro desta zona estará destinada a unha área de descanso para mascotas, tratando os arredores dun xeito máis verde e integrador. Axardinaranse uns 780 metros cadrados e ampliarase a instalación de rega.

Para permitir a solta segura dos cans, delimítase a zona central do parque cun valado metálico, con portas. Ademais, co obxecto de evitar interferencias entre os animais, prevense dúas zonas independentes para separalos segundo o seu tamaño, peso ou temperamento. Un seto arrodeará todo o cercado e tamén se plantará arboredo.

As dotacións de equipamento contemplan tanto mobiliario urbano (bancos, papeleiras e unha fonte de fundicón, ademais de colectores) como elementos de exercizo canino, fabricados en madeira (un balancín, elemento de salto e túnel, entre outros).

Este novo canil, o único destas características na cidade, súmase aos acondicionados en Frigsa, en Acea de Olga e a carón da Muralla.

Audio

  • O edil Daniel Piñeiro, sobre as obras da zona de Serras de Ancares | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/en-marcha-obras-de-acondicionamento-dunha-zona-verde-en-serra-dos-ancares-que-inclue-unha-area

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/120619_pinheiro_obras_serradeancares.mp3