Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Elexido o cartel anunciador das xornadas de Diversiarte 2008

Elexido o cartel anunciador das xornadas de Diversiarte 2008

  • Tema
    • Igualdade
Venres, 07 de novembro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O xurado do concurso de deseño gráfico Diversiarte 2008, composto pola Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, e representantes de diversas asociacións de persoas con discapacidade de Lugo, elixiron ao que será o cartel anunciador do programa deseñado polo Concello de Lugo para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade como se ven facendo dende fai sete anos. 

O autor gañador, Pablo Fariña Franco, elaborou a súa obra co obxectivo de sensibilizar e promover a idea de que na diversidade é posible a igualdade. O seu deseño, como se establecía nas bases do concurso, destaca a discapacidade como unha relación co contorno, considerando con especial interese a representación de valores como a diversidade, dignidade, recoñecemento, vida independente, así como inclusión e participación social, en definitiva, os dereitos humanos.

O gañador recibirá un premio consistente nunha consola Wii, mentras que os demais autores recibirán un diploma pola súa participación.

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/elexido-o-cartel-anunciador-das-xornadas-de-diversiarte-2008