Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Elena Candia logra o primeiro acordo unánime coa representación sindical na Mesa Xeral de Negociación

Elena Candia logra o primeiro acordo unánime coa representación sindical na Mesa Xeral de Negociación

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Emprego
Mércores, 20 de maio de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Elena Candia logra o primeiro acordo unánime coa representación sindical na Mesa Xeral de Negociación

A alcaldesa de Lugo presidiu esta mañá no Salón de Plenos a Mesa Xeral de Negociación, na que participaron representantes sindicais de CC.OO., CIG, UGT, CSIF, USO e SPPLB.

Durante a reunión acadouse o primeiro acordo por unanimidade coa aprobación da Oferta de Emprego Público sectorial da Policía Local do Concello de Lugo para o ano 2026.

No encontro tamén se avanzou no traballo relacionado coa Relación de Postos de Traballo (RPT), abordando distintas propostas vinculadas á súa actualización.

Asemesmo, tratouse a carreira profesional do persoal municipal, onde as distintas centrais sindicais fixeron aportacións, un asunto sobre o que a alcaldesa solicitou un informe económico aos servizos de Intervención para continuar avanzando na súa tramitación

O Executivo municipal destaca a importancia do diálogo e do consenso coas organizacións sindicais para seguir mellorando a organización municipal e dar estabilidade ao persoal do Concello.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/elena-candia-logra-o-primeiro-acordo-unanime-coa-representacion-sindical-na-mesa-xeral-de