Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Elena Candia anuncia que unificará as brigadas municipais de obras para mellorar a coordinación e axilizar as reparacións no municipio

Elena Candia anuncia que unificará as brigadas municipais de obras para mellorar a coordinación e axilizar as reparacións no municipio

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Emprego público,
    • Servizos xerais,
    • Urbanismo
Mércores, 13 de maio de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Elena Candia anuncia que unificará as brigadas municipais de obras para mellorar a coordinación e axilizar as reparacións no municipio

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Mobilidade e Obras, Antonio Ameijide, visitaron esta mañá ás brigadas municipais de obras,  sinalización viaria, eléctricos,  parques e xardíns, parque móbil e zona rural ubicadas en Frigsa, co obxectivo de coñecer o funcionamento do servizo e avanzar nunha reorganización que permita mellorar a coordinación dos traballos de mantemento na vía pública.

O goberno local unificará as dúas brigadas municipais de reparación viaria existentes ata o momento (unha delas dependía da anterior alcaldía do PSOE e a outra de obras do BNG) nun único servizo coordinado, co propósito de gañar en eficacia, optimizar recursos e ofrecer unha resposta máis rápida ás incidencias na cidade.

A reorganización permitirá coordinar baixo unha mesma dirección os traballos relacionados con baches, beirarrúas, sinalización, pequenas reparacións e actuacións.

“Eliminamos estruturas separadas do bipartito para evitar duplicidades, mellorar a coordinación e conseguir que os servizos municipais funcionen dunha maneira máis eficaz e útil para os veciños”, explicou Elena Candia.

A alcaldesa destacou que o obxectivo é, mellorar a planificación dos traballos e reducir os tempos de resposta ante incidencias que afectan ao día a día da veciñanza.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/elena-candia-anuncia-que-unificara-brigadas-municipais-de-obras-para-mellorar-coordinacion-e