Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Elena Candia acompaña á conselleira Ángeles Vázquez na campaña de sensibilización polo Día Internacional Libre de Bolsas de Plástico que se desenvolveu na Praza de Abastos

Elena Candia acompaña á conselleira Ángeles Vázquez na campaña de sensibilización polo Día Internacional Libre de Bolsas de Plástico que se desenvolveu na Praza de Abastos

A Praza de Abastos é un mercado de referencia, un motor de dinamización económica e un dos espazos que mellor identifica o modelo de cidade que queremos seguir construíndo

  • Tema
    • Medio ambiente,
    • Residuos,
    • Limpeza
Venres, 03 de xullo de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Elena Candia acompaña á conselleira Ángeles Vázquez na campaña de sensibilización polo Día Internacional Libre de Bolsas de Plástico que se desenvolveu na Praza de Abastos

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe xunto á conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e ás concelleiras de Mercado e Industrias, Silvia Colmenero, e a concelleira economía, participación e servizos á veciñanza, Mar Carballas, na campaña de sensibilización organizada con motivo do Día Internacional Libre de Bolsas de Plástico, desenvolvida na Praza de Abastos de Lugo.

Durante a visita repartíronse bolsas reutilizables entre a clientela para fomentar hábitos de consumo máis sostibles e reducir o uso de plásticos dun só uso.

Elena Candia destacou o papel da Praza de Abastos como un espazo estratéxico para a cidade "a Praza de Abastos é un mercado de referencia, un motor de dinamización económica e un dos espazos que mellor identifica o modelo de cidade que queremos seguir construíndo. A marca 'E para comer, Lugo' é hoxe un éxito porque detrás hai un produto excepcional, profesionais comprometidos e unha materia prima de primeira calidade que nos distingue."

A alcaldesa reafirmou o compromiso do Goberno municipal de seguir impulsando este espazo de referencia e incidiu na importancia da colaboración entre administracións para desenvolver iniciativas que beneficien tanto ao comercio de proximidade como á sustentabilidade.

"Imos seguir sendo unha administración colaboradora. Quero agradecer á Consellería de Medio Ambiente a súa implicación con Lugo e o seu apoio a iniciativas que, ademais de fomentar hábitos máis sostibles, contribúen a poñer en valor a nosa Praza de Abastos e aos profesionais que cada día lle dan vida."

A campaña busca concienciar a cidadanía sobre a necesidade de reducir o consumo de plásticos dun só uso e promover alternativas reutilizables, sumando a Lugo ao compromiso colectivo por un consumo máis responsable e respectuoso co medio ambiente.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/elena-candia-acompana-conselleira-angeles-vazquez-na-campana-de-sensibilizacion-polo-dia