EBS actuará o xoves 18 no Auditorio Municipal Gustavo Freire dentro do programa de Lugo10
- Tema
- Cultura e Turismo
Martes, 16 de febreiro de 2010
Fonte:
Gabinete de Prensa
O grupo EBS formado por Rocío Pavón e Marta Botía actuará o vindeiro xoves 18 de febreiro ás 21.00 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire dentro da programación de Lugo10 [1] e organizado por Cadena Cope.
Os lucenses poderán lembrar temas de Ella baila sola, tan exitoso nos anos 90, como Amores de barra, Lo echamos a suertes ou Cuando los sapos bailen flamenco.
Pero o dúo presentará na cidade os últimos sencillos do seu novo disco Despierta, que supoñen unha nova etapa das artistas rebautizadas como EBS.
As entradas están á venda na Cadena Cope Lugo a un prezo de 15 euros para dúas persoas.
