Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Durante o mes de maio celébranse obradoiros para conmemorar o Día de Europa nos colexios de primaria do Concello de Lugo

Durante o mes de maio celébranse obradoiros para conmemorar o Día de Europa nos colexios de primaria do Concello de Lugo

Martes, 08 de maio de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, fixo unha visita ao CEIP Rosalía de Castro, onde hoxe se desenvolven os obradoiros do Día de Europa, que organiza o Espazo>Lab. Con motivo desta celebración, que terá lugar o 9 de maio, dende o Concello, programáronse unha serie de talleres nos centros educativos de primaria de Lugo. Neles levaranse a cabo actividades que permitirán aos escolares coñecer aspectos importantes da Unión Europea e os países que a integran ademais de aprender a apreciar a importancia de pertencer a ela.

Os talleres, que xirarán en torno á realización dun trivial europeo, test de xogos con bandeiras, coñecemento de monumentos e países, do euro e un concurso de debuxo, levarase a cabo durante todo o mes de maio nos diferentes colexios. Os nenos e nenas participantes son de sexto de Primaria e pertencen a 15 colexios diferentes.

A Concelleira de Educación, destacou que “é moi importante que os nenos e nenas coñezan o que significa ser membros da Unión Europea, que coñezan os diferentes países, a historia, as linguas e todas as posibilidades que ofrece a nivel laboral e de estudos”.

Día de Europa
Mañá mércores 9 de maio celébrase no Concello de Lugo o Día de Europa, unha conmemoración do nacemento da Unión Europea. Os actos comezarán as 11:30 coa entrega dos premios aos finalistas do concurso Xogamos por Europa, e posteriormente haberá unha lectura do manifesto e o izado de bandeira.

www.lugo.es/europedirect [1]    www.lugo.es/espazolab [2]

 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/durante-o-mes-de-maio-celebranse-obradoiros-para-conmemorar-o-dia-de-europa-nos-colexios-de

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es/europedirect
[2] http://www.lugo.es/espazolab