Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Doce participantes do obradoiro Descubrindo Galicia visitaron a Sala de Exposicións Porta Miñá

Doce participantes do obradoiro Descubrindo Galicia visitaron a Sala de Exposicións Porta Miñá

  • Tema
    • Igualdade
Martes, 23 de febreiro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Dentro da programación de actividades de Animación Sociocultural para o período 2009-2010 organizadas polo Concello de Lugo no Centro Social Municipal de Fingoi, encádrase o Obradoiro “Descubrindo Galicia”

Como actividades complementarias teñen lugar varias saídas fóra do Centro a diversos lugares de interese histórico e cultural coas que se pretende, entre outros obxectivos, ademais, de ampliar coñecementos sobre os contidos tratados no obradoiro: fomentar a convivencia entre os asistentes, aprender a valorar o noso patrimonio cultural, favorecer a relación e a comunicación intergrupal, potenciar a participación na actividade.

Esta mañá os participantes realizaron unha visita á Sala de Exposicións Porta Miñá, acompañados pola monitora da actividade.

Neste primeiro semestre do ano barállanse outros lugares de interese como o Museo Provincial, as Termas Romanas, así como algunha fóra da provincia.

Pode descargar o arquivo PDF coa Programación de Actividades de Centros Sociais 2009-2010 [1]


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/doce-participantes-do-obradoiro-descubrindo-galicia-visitaron-sala-de-exposicions-porta-mina

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es/cs/multimedias/20090909_programacion_outono.pdf