Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > DJ Mil ofrecerá mañá unha Masterclass na Casa da Xuventude

DJ Mil ofrecerá mañá unha Masterclass na Casa da Xuventude

A Casa da Xuventude acollerá mañá unha Masterclass na que DJ Mil trasladará a súa experiencia ás e aos participantes que acudan e na que poderán realizar, tamén, probas na mesa de mezclas.

  • Tema
    • Programación cultural,
    • Música,
    • Xuventude,
    • Programas xuvenís
Xoves, 26 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
DJ Mil ofrecerá mañá unha Masterclass na Casa da Xuventude

A clase desenvolverase dende as cinco da tarde e ata as nove da noite, catro horas nas que o Dj santiagués tratará de desmitificar os tópicos que rodean á súa profesión.

As e os asistentes terán oportunidade igualmente de desfrutar de cócteles sen alcohol.

O evento forma parte da programación preparada dende a área de Xuventude para dinamizar o Nadal entre a mocidade lucense.

Audio

  • Dj Mil ofrecerá unha masterclass na Casa da Xuventude | Descargar mp3 [1]
  • Dj Mil ofrecerá unha masterclass na Casa da Xuventude | Descargar mp3 [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/dj-mil-ofrecera-mana-unha-masterclass-na-casa-da-xuventude

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/261219_dj_mil_-_masterclass_1.mp3
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/261219_dj_mil_-_masterclass_2.mp3