Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Desde hoxe ata o luns a Policía Local pon en marcha un plan de tráfico para facilitar as visitas ó Cemiterio Municipal

Desde hoxe ata o luns a Policía Local pon en marcha un plan de tráfico para facilitar as visitas ó Cemiterio Municipal

  • Tema
    • Protección da comunidade
Venres, 29 de outubro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Protección da Comunidade pon en marcha un plan especial de tráfico para facer máis fluída a circulación con destino ó Cemiterio municipal, con motivo da ponte de Todos os Santos.

Desde primeira hora da tarde de hoxe e ata a última hora do luns día 1 de novembro, os accesos e o contorno do Cemiterio municipal disporán dunha nova ordenación do tráfico que estará controlado por axentes da Agrupación de Tráfico e Seguridade Vial coa colaboración de membros de Protección Civil.

Ademais, para os desprazamentos ó Camposanto, a Policía Local aconsella circular pola Ponte nova e o acceso ó Cemiterio desde a estrada de Friol co obxecto de desconxestionar a Ponte Vella.

Consultar nova: O Concello reforzará o servizo de autobuses ó Cemiterio Municipal no Día de Todos os Santos [1]


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/desde-hoxe-ata-o-luns-policia-local-pon-en-marcha-un-plan-de-trafico-para-facilitar-visitas-o

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.es/cs/Satellite?c=Spark_Novas&cid=1227493835655&color=Rojo&idioma=gl&pagename=Lugo%2FSpark_Novas%2FLugoNoticiaDetalle&tipoLetra=Texto1