Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Deportes anuncia que se abre o prazo de matricula para 15 Escolas Deportivas de distintas modalidades

Deportes anuncia que se abre o prazo de matricula para 15 Escolas Deportivas de distintas modalidades

O Concello de Lugo, colabora coa cesión gratuíta das instalación deportivas municipais para o seu desenvolvemento.

Haberá escolas de matrícula gratuíta e as mensualidades dependen de cada unha das modalidades deportivas.

  • Tema
    • Deportes,
    • Escolas deportivas
Mércores, 29 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Deportes anuncia que se abre o prazo de matricula para 15 Escolas Deportivas de distintas modalidades

O Goberno de Lara Méndez a través da Concellería de Deportes, dirixida por Mauricio Repetto anunciaba hoxe que a partires do 1 de Outubro, se abre o prazo de matrícula para a inscrición en 15 Escolas Deportivas con disciplinas diferentes. “O obxectivo persegue ofrecer actividades de calidade para o tempo de lecer dos nenos da cidade, así como contribuír á conciliación da vida familiar e laboral das familias e potenciar actividades de promoción da saúde” apuntaba o concelleiro.

O Concello de Lugo, colabora coa cesión gratuíta das instalación deportivas municipais para o seu desenvolvemento, nunha labor de promoción da actividade co obxecto de apoiar o deporte base na nosa cidade. Todos os interesados en practicar baloncesto, béisbol, boxeo, ciclismo, esgrima, loita, pentatlón, triatlón, piragüismo, rugby, taekwondo, tenis de mesa, ximnasia rítmica, hóckey e hóckey en liña poden matricularse nestas actividades, que se desenvolverán dende o vindeiro mes de outubro ata maio de 2022.

Haberá escolas de matrícula gratuíta, como as de rugby, taekwondo, tenis de mesa e escolas que requirirán un pago de matrícula, como por exemplo piragüismo. As mensualidades dependen de cada unha das modalidades deportivas. Estarán impartidas por profesionais dos clubes deportivos nun total de 7 instalacións: o polideportivo da piscina municipal de Frigsa, o polideportivo municipal da Casa do Deporte, o campo municipal Germán López Vila, polideportivo municipal de O Palomar, a piscina municipal de As Pedreiras, o pavillón municipal dos deportes e o polideportivo municipal Daniel Cordido. O Pazo de Feiras e Congresos así como o Pazo Provincial dos Deportes e diferentes colexios da cidade tamén acollerán algunhas destas actividades deportivas.

“Actividades que dan cabida o longo do ano a máis de dous mil nenos e nenas do concello de Lugo que gozan das distintas modalidades deportivas impartidas polos clubs da cidade nas nosas instalacións deportivas” destacaba o edil.

Todas e todos os participantes contarán cun seguro deportivo a cargo do club que imparte a actividade, ou as súas federacións a través da ficha federativa da especialidade, e deberán cumprir escrupulosamente cos aforos e os protocolos covid que rixen as federacións deportivas autonómicas de cada un das modalidades.

Audio

  • O edil de Deportes, Mauricio Repetto, sobre as Escolas Deportivas | Descargar mp3 [1]

Máis info

  • Escola Deportiva Hockey en Liña e Patinaxe 2021-2022 | Descargar pdf [2]
  • [2]Escola Deportiva Esgrima 2021-2022 | Descargar pdf [3]
  • Escola Deportiva Ciclismo 2021-2022 | Descargar pdf [4]
  • Escola Deportiva Boxeo 2021-2022 | Descargar pdf [5]
  • Escola Deportiva Beisbol 2021-2022| Descargar pdf [6]
  • Escola Deportiva Baloncesto 2021-2022| Descargar pdf [7]
  • Escola Deportiva Ximnasia Rítmica 2021-2022 | Descargar pdf [8]
  • Escola Deportiva Triatlon 2021-2022| Descargar pdf [9]
  • Escola Deportiva Tenis de Mesa 2021-2022| Descargar pdf [10]
  • Escola Deportiva Taekwondo 2021-2022| Descargar pdf [11]
  • Escola Deportiva Rugby 2021-2022| Descargar pdf [12]
  • Escola Deportiva Piraguismo 2021-2022| Descargar pdf [13]
  • Escola Deportiva Pentatlon e Triatlon 2021-2022| Descargar pdf [14]
  • Escola Deportiva Loita 2021-2022 | Descargar pdf [15]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/deportes-anuncia-que-se-abre-o-prazo-de-matricula-para-15-escolas-deportivas-de-distintas

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/290921_escolas_deportivas_-_mauricio_repetto.mp3
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/escola_deportiva_hockey_lina_e_patinaxe_21_22_0.pdf
[3] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/escola_deportiva_esgrima_21_22.pdf
[4] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/escola_deportiva_ciclismo_21_22.pdf
[5] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/escola_deportiva_boxeo_21_22.pdf
[6] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/escola_deportiva_beisbol_21_22.pdf
[7] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/escola_deportiva_baloncesto_21_22.pdf
[8] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/escola_deportiva_ximnasia_ritmica_21_22.pdf
[9] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/escola_deportiva_triatlon_21_22.pdf
[10] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/escola_deportiva_tenis_de_mesa_21_22.pdf
[11] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/escola_deportiva_taekwondo_21_22.pdf
[12] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/escola_deportiva_rugby_21_22.pdf
[13] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/escola_deportiva_piraguismo_21_22_0.pdf
[14] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/escola_deportiva_pentatlon_e_triatlon_21_22.pdf
[15] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/escola_deportiva_loita_21_22.pdf