Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Deportes anuncia que o 16 de xuño abren as piscinas exteriores de Frigsa garantindo todas as medidas sanitarias

Deportes anuncia que o 16 de xuño abren as piscinas exteriores de Frigsa garantindo todas as medidas sanitarias

  • Tema
    • Deportes,
    • Instalacións deportivas
Martes, 15 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Deportes anuncia que o 16 de xuño abren as piscinas exteriores de Frigsa garantindo todas as medidas sanitarias

A área de Deportes do Concello de Lugo que dirixe Mauricio Repetto, informa que as piscinas exteriores de Frigsa abrirán ao público este mércores, 16 de xuño ata o 15 de setembro garantindo todas as medidas de seguridade-hixiénico-sanitarias, incluíndo de novo o control no acceso (entrada e saída) e os límites de aforo.

Repetto informou que o aforo máximo permitido da instalación será de 300 usuarias e usuarios, “delimitando a zona verde en 5 zonas para distribuír aos usuarios de maneira que se manteña distancia de seguridade e non se produzan aglomeracións de grupos”. Os aseos dos vestiarios e as  duchas exteriores poderán ser utilizadas polos bañistas.

O horario de apertura das piscinas será de luns a venres, de 12:00 a 20:30 horas e, de 12:00 a 20:00 horas, os sábados e os domingos.

O concelleiro indicou, que se manteñen os prezos de tempadas anteriores e serán de 1 euro para a mocidade até os 15 anos (10’80 € o abono de 15 baños); de 2’20 € para adultos, maiores de 16 anos, (22’30 € o custo do abono) e 11’10 € para pensionistas e para familias a partir de tres membros, 29,90 € (o abono de 15 baños) e 59,10 € (o abono de 30 baños).

Audio

  • Mauricio Repetto, sobre as piscinas | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/deportes-anuncia-que-o-16-de-xuno-abren-piscinas-exteriores-de-frigsa-garantindo-todas-medidas

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/150621_apertura_piscinas_-_mauricio_repetto.mp3