Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Dende o 9 ao 27 de maio ábrese o prazo de matrícula para o alumnado no vindeiro curso da Escola Municipal de Música

Dende o 9 ao 27 de maio ábrese o prazo de matrícula para o alumnado no vindeiro curso da Escola Municipal de Música

O prazo de inscrición para os novos alumnos comezará o 30 de maio e rematará o 17 de xuño

  • Tema
    • Educación,
    • Formación
Domingo, 08 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Escola Municipal de Música do Concello de Lugo abre o próximo luns 9 de maio o prazo para inscribirse no vindeiro curso 2016-2017 para os alumnos que xa están matriculados este ano. O prazo para estes alumnos que queiran continuar cos seus estudos o próximo curso remata o 27 de maio. Para o novo alumnado o prazo de inscrición comezará máis tarde, o 30 de maio, e rematará o 17 de xuño.

Os horarios de matrícula serán os luns de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 20:30 horas; os martes, mércores e xoves de 16:00 a 20:30 horas; e venres de 16:00 a 18:30 horas na secretaría da Escola Municipal de Música, que está situada na primeira planta do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/dende-o-9-ao-27-de-maio-abrese-o-prazo-de-matricula-para-o-alumnado-no-vindeiro-curso-da