Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Dende mañá pecharanse os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro debido á alerta laranxa por fortes ventos

Dende mañá pecharanse os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro debido á alerta laranxa por fortes ventos

O Concello adopta esta medida, dende mañá a primeira hora, ante a previsión de rachas máximas que poderán superar os 110 quilómetros por hora

  • Tema
    • Medio ambiente,
    • Seguridade
Mércores, 01 de febreiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo informa de que dende primeira hora de mañá, 2 de febreiro, pecharanse ao público os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro, como medida de prevención para garantir a seguridade cidadá, ante a alerta laranxa decretada pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior debido aos fortes ventos previstos para a xornada de mañá e pasado.

As rachas máximas de vento poderán superar os 110 quilómetros por hora. Está previsto que o peche dos parques se manteña o venres, aínda que poderá levantarse en función da evolución do fenómeno meteorolóxico adverso que afecta a toda a comunidade autónoma.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/dende-mana-pecharanse-os-parques-da-milagrosa-e-rosalia-de-castro-debido-alerta-laranxa-por