Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Dende mañá, e durante abril, volven os MIHLS Sons XII a Lugo, achegando a música contemporánea da Península á cidade

Dende mañá, e durante abril, volven os MIHLS Sons XII a Lugo, achegando a música contemporánea da Península á cidade

A programación da sétima edición deste ciclo terá lugar todos os martes de abril ata o día 24, no MIHL, no Vello Cárcere ou no Conservatorio Profesional de Música; así como o xoves 11 de abril

Inclúe concertos, un espectáculo de música e danza contemporánea, Olladas no tempo, e unha clase maxistral de percusión. As actividades son de entrada libre e gratuíta ata completar cabida

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Música
Luns, 01 de abril de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Dende mañá, e durante abril, volven os MIHLS Sons XII a Lugo, achegando a música contemporánea da Península á cidade

Mañá martes arrinca sétima edición da programación MIHL Sons XXI, que terá lugar todos os martes de abril ás 20:00 horas, así como o xoves 11 de abril. Inclúe concertos, un espectáculo de música e danza contemporánea, Olladas no tempo, e unha clase maxistral de percusión. A programación terá lugar ben no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), no Vello Cárcere ou no Conservatoiro Profesional de Música Xoán Montes. Todas as actividades son de entrada libre e gratuíta ata completar cabida. Para as dúas sesións do espectáculo, é necesario recoller as invitacións na Oficina Municipal de Turismo, a partir do 2 de abril, dúas por persoa.

Tras tratar a historia da música contemporánea, e este tipo de música nos Estados Unidos, en Europa e no Occidente, nesta edición este ciclo dedícase á música contemporánea na Península Ibérica. Para iso, ao longo do vindeiro mes de abril contarase coa seguinte programación:

Os concertos

  • Martes, 2 de abril, ás 20:00 horas, no MIHL: Rememorando o porvir, con Roberto Alonso ao violín
  • Martes, 9 de abril, ás 20:00 horas, no MIHL: Libro de escoitas, con Thomas Piel no violonchelo
  • Martes, 23 de abril, ás 20:00 horas, no Conservatorio Profesional Xoán MOntes, Enrique X. Macías impartirá unha conferencia.concerto sobre Material-Rizoma
  • Martes, 30 de abril, ás 20:00 horas, no MIHL: Electroninc´s, con Noé Rodrigo na percursión

Outra programación

  • Martes, 30 de abril, ás 18:30 horas, no MIHL: clase maxistral O repertorio ibérico para a percusión, con Noé Rodrigo
  • Xoves, 11 de abril, ás 18:30 e ás 20:30 horas, no Vello Cárcere: Olladas no tempo, co grupo de percusión e o ensemble de clarinete do Conservatoiro Profesional de Música Xoán Montes e o grupo de danza contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo

Máis info

  • Cartel da programación do "MIHL Sons XXI" | Descargar imaxe [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/dende-mana-e-durante-abril-volven-os-mihls-sons-xii-lugo-achegando-musica-contemporanea-da

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/cartel_mihlsons_xxi_2019_des.jpg