Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Dende hoxe xa se pode solicitar as axudas para persoas con discapacidade que teñan que facer uso de taxi adaptado

Dende hoxe xa se pode solicitar as axudas para persoas con discapacidade que teñan que facer uso de taxi adaptado

  • Tema
    • Igualdade
Mércores, 09 de xullo de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Tamén está aberto o prazo para solicitar as axudas para asociacións sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de actividades

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, anunciou esta mañá que xa esta aberto o prazo para solicitar as axudas económicas que concede o Concello de Lugo a persoas con discapacidade física e afectadas por graves dificultades de mobilidade para gastos de transporte adaptado.

Esta liña de axudas para persoas con discapacidade dispón dun presuposto este ano de 9.000 euros e a contía da axuda a cada persoa solicitante será de 800 euros anuais. Neste caso, darase prioridade ás persoas con menos ingresos no caso de que o número de solicitudes fora superior ó presuposto co que está dotada a convocatoria. O prazo de solicitude será dun mes a partir de hoxe mércores 9 de xullo.

González Abelleira sinalou que “dende o Goberno Local se traballa para mellorar a calidade de vida das persoas con algún tipo de dificultade polo apostamos por seguir dando axudas a sectores sociais que o precisan”.

Por outro lado, tamén está aberto o prazo para participar na convocatoria de subvencións a asociacións e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas, actividades, mantemento, conservación e pequenas reparacións das infraestruturas. Para elo o Concello destina 28.000 euros e o prazo para solicitalo está aberto ata o día 9 de agosto.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/dende-hoxe-xa-se-pode-solicitar-axudas-para-persoas-con-discapacidade-que-tenan-que-facer-uso