Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Daniel Piñeiro participa nunha xornada informativa para optimizar a xestión dos residuos urbanos

Daniel Piñeiro participa nunha xornada informativa para optimizar a xestión dos residuos urbanos

Trátase dun proxecto posto en marcha pola Deputación e Eixo Atlántico, que elaborarán unha análise sobre o funcionamento desta prestación, para posteriormente ofrecer propostas e reducir gastos neste servizo municipal

  • Tema
    • Medio ambiente,
    • Residuos
Venres, 26 de febreiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Daniel Piñeiro participa nunha xornada informativa para optimizar a xestión dos residuos urbanos

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, asistiu este venres, no Salón de Plenos do Pazo do San Marcos, á sesión informativa sobre un proxecto de mellora na xestión de residuos urbanos, posto en marcha pola Deputación e Eixo Atlántico. Ditos organismos elaborarán unha análise sobre o funcionamento desta prestación nas entidades locais lucenses para posteriormente ofrecer propostas coas que mellorar e reducir os gastos que este servizo municipal conleva.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/daniel-pineiro-participa-nunha-xornada-informativa-para-optimizar-xestion-dos-residuos-urbanos