Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Daniel Piñeiro participa nun acto co gallo da celebración do 25 aniversario da aprobación da Directiva Hábitats da UE

Daniel Piñeiro participa nun acto co gallo da celebración do 25 aniversario da aprobación da Directiva Hábitats da UE

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Medio ambiente
Venres, 09 de xuño de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Daniel Piñeiro participa nun acto co gallo da celebración do 25 aniversario da aprobación da Directiva Hábitats da UE

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, participou este sábado na Casa do Saber no acto organizado pola USC co gallo da celebración do 25 aniversario da aprobación da Directiva Hábitats da UE, que contemplaba a creación da Rede Natura e a conseguinte posta en marcha dos programas Life. Na xornada, na que se expuxo o proxecto europeo Lugo+Biodinámico, tamén estiveron presentes a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López, o representante da Consellería de Medio Ambiente, Jesús Latas, e o vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico, Andrés Barreiro.

Lugo+Biodinámico, cun ámbito de actuación de 18,6 hectáreas situadas entre os polígonos das Gándaras e O Ceao, co que o Goberno municipal busca desenvolver distintas accións en favor dun urbanismo sostible e dun mellor aproveitamento da riqueza forestal, a nivel económico e ambiental, o que mellorará a calidade de vida dos veciños, fará de Lugo unha cidade máis verde e abrirá novas oportunidades.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/daniel-pineiro-participa-nun-acto-co-gallo-da-celebracion-do-25-aniversario-da-aprobacion-da