Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Daniel Piñeiro coñece de primeira man a campaña O que se enchufa recíclase, coa que colabora o Concello

Daniel Piñeiro coñece de primeira man a campaña O que se enchufa recíclase, coa que colabora o Concello

Esta campaña de sensibilización permanecerá en Lugo ata o 2 de novembro. O obxectivo é concienciar e informar aos consumidores sobre a importancia de reciclar os residuos de aparellos eléctricos e electrónicos

  • Tema
    • Medio ambiente,
    • Residuos
Sábado, 30 de setembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Daniel Piñeiro coñece de primeira man a campaña O que se enchufa recíclase, coa que colabora o Concello

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, achegouse ata a Praza da Constitución, que acolle a campaña itinerante de información e sensibilización O que se enchufa recíclase, coa que colabora o Concello. O obxectivo desta campaña, que permanecerá en Lugo ata o 2 de novembro, é concienciar e informar aos consumidores sobre a importancia de reciclar os residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, así como dos lugares e establecementos que teñen ao seu dispor para desfacerse destes produtos inservibles. En total, para esta campaña hai repartidos máis de 1.000 colectores por toda Galicia.

O que se enchufa recíclase ten unha duración de 9 meses e percorrerá 138 municipios galegos de máis de 4.000 habitantes. En cada municipio instalarase un posto informativo no que un equipo de técnicos explicará á cidadanía distintas inquedanzas sobre reciclaxe. Nesta liña, Piñeiro fixo un chamamento á cidadanía luguesa para achegarse a informarse ata a Praza da Consistiución así como para continuar reciclando, un simple xesto que garda detrás moitos beneficios.

Todas as persoas que se acheguen ata este posto recibirán un agasallo para incentivalas a reciclar. Máis información en www.oqueseenchufareclicase.gal [1]


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/daniel-pineiro-conece-de-primeira-man-campana-o-que-se-enchufa-reciclase-coa-que-colabora-o

Ligazóns:
[1] http://www.oqueseenchufareclicase.gal