Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A cuarta edición do ciclo Liberdades Sonoras traerá distintos xéneros musicais ao Vello Cárcere

A cuarta edición do ciclo Liberdades Sonoras traerá distintos xéneros musicais ao Vello Cárcere

Maite Ferreiro presentou os tres primeiros concertos que forman parte do ciclo

A entrada será gratuíta até completar o aforo

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Música,
    • Programación cultural
Luns, 27 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A cuarta edición do ciclo Liberdades Sonoras traerá distintos xéneros musicais ao Vello Cárcere

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a cuarta edición do ciclo Liberdades Sonoras, que este ano volverá ao Vello Cárcere con distintos xéneros musicais ao patio do Vello Cárcere. “Os tres concertos que terán lugar entre o 30 de xaneiro e o 7 de marzo son os encargados de abrir esta cuarta edición de Liberdades Sonoras, que se estenderá até o mes de Xuño”.

“Trátase dun espazo singular e por iso traemos propostas musicais excepcionais e singulares”, indicou Maite Ferreiro, que presentou a programación xunto cun dos promotores do evento. O ciclo está impulsado polas promotoras WORKONSUNDAY e CLAP, e conta coa colaboración da área de Cultura do Concello de Lugo.

Liberdades Sonoras comezará este xoves, 30 de xaneiro co dúo experimental Tomaga, de orixe londiniense, e que é descrito pola Radio3 da BBC como “a mellor banda do Reino Unido”. O 22 de febreiro, a artista californiana Emily  Jane White traerá o seu folk escuro ao que deu un toque persoal e maduro ao longo de máis de dúas décadas de carreira. A primeira rolda de Liberdades Sonoras rematará o 7 de marzo coa artista disciplinar Lea Bertucci, compositora, intérprete e deseñadora de son cuxo traballo explora as relacións entre os fenómenos acústicos e as súas resonancias biolóxicas.

Audio

  • A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre a cuarta edición do ciclo Liberdades Sonoras | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/cuarta-edicion-do-ciclo-liberdades-sonoras-traera-distintos-xeneros-musicais-ao-vello-carcere

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/200127_maite_ferreiro_liberdades_sonoras.mp3