Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Cristina López visita Santalla de Lamas onde rematou o curso de cerámica organizado pola Área de Participación e a Vicepresidencia da Deputación

Cristina López visita Santalla de Lamas onde rematou o curso de cerámica organizado pola Área de Participación e a Vicepresidencia da Deputación

A iniciativa busca manter vivos os oficios tradicionais e dinamizar a vida asociativa nas parroquias de Lugo.

Cristina López: "Seguimos a atender ás distintas parroquias que nos reclaman actividades como esta, fomentando a transmisión de coñecementos entre a veciñanza".

  • Tema
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento social,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural,
    • Desenvolvemento local,
    • Participación
Venres, 02 de xaneiro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cristina López visita Santalla de Lamas onde rematou o curso de cerámica organizado pola Área de Participación e a Vicepresidencia da Deputación

Cristina López, concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, visitou Santalla de Lamas onde vén de rematar o curso de cerámica organizado pola área de Participación do Concello en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación.

As persoas asistentes tiveron a oportunidade de achegarse ás técnicas básicas da elaboración de pezas de cerámica, recibindo a formación teórica necesaria, e tratando temas como o recoñecemento dos materiais necesarios, a aprendizaxe de métodos para realizar as distintas pezas ou a elaboración de acabados .

"Estamos a comprobar como estes cursos non só transmiten coñecementos, senón que tamén fortalecen o tecido comunitario e animan a veciñanza a participar activamente", destacou López, quen engadiu que "é unha forma de apoiar ás asociacións e continuar a achegar coñecementos á veciñanza".


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/cristina-lopez-visita-santalla-de-lamas-onde-rematou-o-curso-de-ceramica-organizado-pola-area