Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Cristina López visita Orbazai onde rematou o curso de Restauración de Mobles organizado pola Área de Participación e a Vicepresidencia da Deputación

Cristina López visita Orbazai onde rematou o curso de Restauración de Mobles organizado pola Área de Participación e a Vicepresidencia da Deputación

A iniciativa busca manter vivos os oficios tradicionais e dinamizar a vida asociativa nas parroquias de Lugo

Cristina López: "Estamos a comprobar como estes cursos non só transmiten coñecementos, senón que tamén fortalecen o tecido comunitario"

  • Tema
    • Servizos xerais,
    • Participación
Domingo, 21 de decembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cristina López visita Orbazai onde rematou o curso de Restauración de Mobles organizado pola Área de Participación e a Vicepresidencia da Deputación

Cristina López, concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, visitou Orbazai onde vén de rematar o curso de restauración de mobles organizado pola área de Participación do Concello en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación.

As persoas asistentes tiveron a oportunidade de achegarse ás técnicas básicas da restauración de mobles, realizando os traballos precisos e recibindo a formación teórica necesaria, tratando temas como o recoñecemento dos materiais necesarios, a aprendizaxe de métodos para realizar arranxos ou a recuperación de acabados desgastados.

"Estamos a comprobar como estes cursos non só transmiten coñecementos, senón que tamén fortalecen o tecido comunitario e animan a veciñanza a participar activamente", destacou López, quen engadiu que "é unha forma de apoiar ás asociacións e continuar a achegar coñecementos á veciñanza".


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/cristina-lopez-visita-orbazai-onde-rematou-o-curso-de-restauracion-de-mobles-organizado-pola