Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Cristina López presenta o ciclo de obradoiros do Concello de Lugo para asociacións veciñais do rural de Lugo

Cristina López presenta o ciclo de obradoiros do Concello de Lugo para asociacións veciñais do rural de Lugo

A edil de Participación destacou o compromiso da Tenencia de Alcaldía "ampliar o alcance das asociacións con estes novos cursos que axudan a recuperar as actividades e os oficios da nosa cultura, e innovar noutros".

Na xuntanza estivo presente a deputada de Cultura, Iria Castro, que presentou ás asociacións de Lugo as liñas de apoio da Deputación ao tecido cultural, que financian activides culturais e melloras nos locais.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Asociacións sociais,
    • Centros sociais,
    • Desenvolvemento social,
    • Medio rural,
    • Dinamización rural
Xoves, 13 de marzo de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cristina López presenta o ciclo de obradoiros do Concello de Lugo para asociacións veciñais do rural de Lugo

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, mantivo un encontro coas distintas asociacións veciñais do rural de Lugo para presentar os cursos nos que a Tenencia de Alcaldía está a traballar para o ano 2025. As distintas asociacións poderán desfrutar de cursos de distintas temáticas, entre as que se atopan a cestería, repostería ou restauración de mobles.

Cristina López reafirmou o seu compromiso coas asociacións para "ampliar o alcance das actividades con estes cursos que axudan a recuperar as actividades e os oficios da nosa cultura, e innovar noutros". Ademais, a edil destacou que a Tenencia de Alcaldía traballa "para facer funcionar o tecido asociativo tamén a través das partidas orzamentarias" polo que, insiste, "tanto axudas económicas coma obradoiros conviven e danse ao mesmo tempo".

Na xuntanza estivo presente a deputada de Cultura, Iria Castro, que presentou as axudas da Vicepresidencia da Deputación de Lugo para as asociacións culturais. O prazo está aberto desde o pasado luns, e as asociacións de toda a provincia contan cunha liña de axudas cun investimento total de 500.000 euros. A convocatoria da Deptuación inclúe dúas liñas de axuda: unha para a realización de actividades culturais, dotada con 315.000 euros, e outra para melloras nas instalacións e no equipamento de locais, cun importe de 185.000 euros.

A deputada Iria Castro explicou que “seguimos reforzando esta liña de axudas para atender o crecente dinamismo das asociacións, unha rede fundamental para facilitar o acceso á actividade cultural e crear espazos de socialización e convivencia arredor da cultura e do patrimonio, especialmente nas parroquias e concellos máis pequenos".

Audio

  • A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, sobre as asociacións | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/cristina-lopez-presenta-o-ciclo-de-obradoiros-do-concello-de-lugo-para-asociacions-vecinais-do

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/250315_cristina_lopez_asociacions.mp3