Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Cristina López presenta a nova distribución que seguirá o Mercado de Frigsa

Cristina López presenta a nova distribución que seguirá o Mercado de Frigsa

Rubén Arroxo, Maite Ferreiro e Cristina López visitaron o aparcadoiro do Auditorio Municipal, onde se situará o mercado nas vindeiras semanas

Cristina López: “esta nova distribución permitirá un mellor aproveitamento do espazo e aumentará a seguridade das asistentes ao Mercado”

  • Tema
    • Desenvolvemento social,
    • Desenvolvemento local,
    • Desenvolvemento económico,
    • Economía,
    • Mercados
Venres, 14 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cristina López presenta a nova distribución que seguirá o Mercado de Frigsa

A concelleira de Participación, Cristina López, visitou o aparcadoiro do Auditorio Municipal Gustavo Freire xunto co Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, onde presentaron a nova distribución que seguirá o Mercado de Frigsa. Cristina López explicou que “trasladamos o espazo adicado a postos á zona do aparcadoiro do Auditorio Municipal, o que nos permitirá mellorar tanto a distribución dos postos como a seguridade para todas as persoas que asisten cada martes e venres a este Mercado”.

Cristina López explicou que “con esta nova distribución, as veciñas e veciños de Lugo recuperarán o espazo de estacionamento do Parque de Frigsa, que actualmente se inhabilita para a celebración do Mercado”. “Ademais, terase un maior control no acceso de vehículos ás instalacións, xa que só haberá unha posible zona de acceso de vehículos, en lugar das cinco actuais”.

O Mercado de Frigsa conta actualmente con 102 postos concedidos, en sectores como a alimentación, o téxtil ou o calzado. Ten lugar nas mañás de todos os martes e venres nas instalacións do Parque de Frigsa. O espazo do aparcadoiro foi acondicionado o pasado ano desde a Tenencia de Alcaldía, coa renovación do asfaltado e a mellora do mobiliario. Cristina López explicou que desde a área de Participación se está a traballar xa “para que o cambio de distribución se produza nas vindeiras semanas”.

Audio

  • A concelleira de Participación, Cristina López, sobre o Mercado de Frigsa | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/cristina-lopez-presenta-nova-distribucion-que-seguira-o-mercado-de-frigsa

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/210513_cristina_lopez_mercado_de_frigsa.mp3