Cristina López participou nun paseo teatral para coñecer o Cemiterio Municipal
A compañía Achádego Teatro realizou este domingo unha nova actividade de promoción deste espazo.
Nesta edición dramatizáronse personaxes como Manuel Mallo, Francisco Asorey ou Nemesio Cobreros.
- Tema
- Benestar social,
- Cultura e Turismo,
- Programación cultural,
- Xestión cultural,
- Cemiterio

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, participou na segunda visita teatralizada ao Cemiterio Municipal organizada na Programación de Primavera do Cemiterio de San Froilán 2026. O grupo de Teatro Achádego realiza ao longo do unha serie de paseos teatrais en diferentes xornadas, rememorando a vida e legado de persoeiros destacados da cidade.
A segunda visita celebrada este domingo trouxo á lembranza a algunhas das persoas relevantes que destacaron polo seu traballo e polas súas aportacións á sociedade relacionadas coa escultura e a arquitectura. Personaxes como Manuel Mallo, Francisco Asorey ou Nemesio Cobreros foron os protagonistas deste novo paseo.
Coa Programación cultural de Primavera no Cemiterio de San Froilán, comenza unha nova temporada de visitas teatralizadas realizadas en tardeos de domingo, nas que o Grupo de Teatro Achádego rememorará coa súa interpretación, froito dun inxente traballo de recuperación histórica, a persoeiros relevantes do noso pasado, tanto homes como mulleres que nos deixaron a súa impronta e que cómpre lembrar para non esquecer, xa que constitúen a memoria viva da cidade.
