Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Cristina López entrega os premios do VIII concurso de fotografía "Estampas de Paz e Acougo"

Cristina López entrega os premios do VIII concurso de fotografía "Estampas de Paz e Acougo"

A área de Participación proxectou, neste acto, unha visión actual sobre a importancia do Cemiterio de San Froilán.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Museos e exposicións,
    • Cemiterio
Xoves, 29 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cristina López entrega os premios do VIII concurso de fotografía "Estampas de Paz e Acougo"

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, entregou hoxe os premios do VIII concurso de fotografía "Estampas de Paz e Acougo". A área de Participación tivo no seu ánimo achegar á cidadanía ao cemiterio e integralo na vida social e cultural da cidade, poñendo en valor non só o patrimonio histórico e artístico que alberga senón tamén a  importante carga emocional contida en cada unha das esculturas e construcións funerarias.

O concurso estivo baseado, entre outras temáticas, na simboloxía oculta que se reflicte nas construcións funerarias dos cemiterios. O xurado valorou a calidade técnica e artística das obras, dándoselle unha especial relevancia á captación da sensación de paz e harmonía coa que se impregnan os recintos dos cemiterios. O xurado estivo formado polo fotógrafo Eduardo Ochoa, Amparo Rubinos, Xefa do Servizo do Cemiterio Municipal e Chelo Rodríguez, do Servizo do Cultura do Concello de Lugo.

"Seno de Esperanza", de Begoña Pérez López, foi a imaxe gañadora dos 600€ do primeiro premio. O segundo premio, con 400€, foi para Roberto Mouriz Lamas, coa imaxe "Evocación". Na terceira posición rematou "Pureza", de Aída Martín Vázquez, que levou un premio de 200€. Cristina López agradeceu a todas as persoas que presentaron imaxes a súa participación no concurso.

Audio

  • A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, sobre os premios de fotografía do Cemiterio | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/cristina-lopez-entrega-os-premios-do-viii-concurso-de-fotografia-estampas-de-paz-e-acougo

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/221228_cristina_lopez_prmios_foto_cemiterio.mp3